DEITADO FRONTE AO MAR

Lingua proletaria do meu pobo,
eu faloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gana,
porque me sae de dentro...

viernes, 27 de abril de 2012

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

O pasado día 23 de abril, Día do Libro, visitounos Paula Carballeira no colexio. De todos é coñecida polo seu papel cómico na serie da TVG "Libro de Familia", pero, ademais é unha Contacontos espectacular. E, senón, que llo pregunten aos nenos do cole. Contou varios contos e todos os alumnos estiveron abraiados escoítándoa. Despois fixéronlle un montón de preguntas e ela contestounas todas encantada.

Moitas grazas, PAULA!!!!!

Aquí podedes ver varias fotografías de tan agardada visita:

SACA AS PALABRAS DA ARTESA



PARA VER A RECOPILACIÓN DE PALABRAS E REFRÁNS, PINCHADE O SEGUINTE ENLACE. MOITAS GRAZAS.

http://www.slideshare.net/MAMENABAD/presentacin1-12716240

jueves, 19 de abril de 2012

CONTACONTOS

 CONTACONTOS



CANDO?    DO 24 DE ABRIL AO 4  DE MAIO.

A QUE HORA? DURANTE A HORA DE LECTURA.

ONDE? NA BIBLIOTECA .
COMO?

DÍA
CONTACONTOS
PÚBLICO

MARTES 24
4º CURSO
E.INFANTIL

MÉRCORES 25
5º CURSO
3º CURSO

XOVES 26
3º CURSO
e.infantil

VENRES 27
3º CURSO
1º CICLO

LUNS 30
2º CURSO
1º CURSO

MÉRCORES 2
6º CURSO
4º CURSO

XOVES 3
4º CURSO
1º CICLO

VENRES 4
1º CURSO
2º CURSO




martes, 7 de febrero de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Moitas veces, atopámonos con xente que cre que a nosa lingua ten pouca importancia e moi pouco prestixio. A maioría de galegos, sabemos que iso non é verdade. Pero, por se alguén aínda dubida, que lea este poema e que recapacite.

DEITADO FRONTE Ó MAR

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

jueves, 2 de febrero de 2012

AS BROMIÑAS DO APALPADOR

Neste enlace poderedes observar como o Apalpador COIDA O MEDIO AMBIENTE, colabora nas TAREFAS DOMÉSTICAS, e fai unha boa amizade con PAPÁ NOEL. Non o perdades.


http://www.slideshare.net/MAMENABAD/o-apalpador-11383657

martes, 10 de enero de 2012

O APALPADOR


ESTE NADAL TRABALLAMOS  SOBRE O  APALPADOR NO COLEXIO. Os diferentes niveis fixeron traballos sobre esta figura tradicional de Galicia que duns anos para aquí se puxo de moda. Moitos nenos non a coñecían pero, ao final, resultou unha figura divertida que incluso ...¡pelexou co Papá Noel! porque este cría que lle ía quitar protagonismo.

martes, 1 de noviembre de 2011

BENVIDOS Ó NOSO BLOG

OLA A TODOS, SOMOS O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP DE CURTIS.
Creamos este blog como ferramenta para que toda a comunidade educativa poida estar ao corrente das nosas actividades. Agardamos que vos guste e que todos poidades participar.
 Un saúdo para tod@s.